Andaina de Teis a Chapela
O venres 3 de xuño, temos programada unha andaina para seguir coñecendo os recunchos do barrio de Teis.
Quedamos ás 17:00 en Xaruma.
Andaina praia Samil – Canido
O venres 13 de maio, pasaremos o día rodeados/as da melor compañía que se poida ter e desfrutando dunha fermosa paisaxe, xa que organizamos unha ruta dende a Praia de Samil ata Cánido.
Quedamos no Instituto Santa Irene (praza Ámerica) ás 16:20h. ANIMÁDEVOS!
Andaina Parque da Riouxa – Chapela
O sábado 2 de abril temos programada unha andaina para seguir coñecendo os recunchos do barrio de Teis.
Quedamos en Xaruma ás 12:30. Animarvos a vir.
Senda Azul: Litoral e Monte da Guía
O sábado 26 de marzo iremos a facer a Senda Azul: Litoral e Monte da Guía do Concello de Vigo, é unha ruta moi vistosa, vai rodeando parte da ría de Vigo asociada ao fermoso Monte da Guía. Unha ruta estupenda para vivir un día cheo de emocións agradables.
Quedamos en Xaruma ás 12:00 horas da mañá e regresaremos sobre ás 18:00 horas ao mesmo
punto.
Para máis información, ou para anotarte, ponte en contacto connosco, estaremos encantad@s de atendervos etlxaruma@gmail.com 698142158
Camiño Real de Moaña a Cangas
O sábado 26 de febreiro realizaremos a senda do Camiño Real de Moaña a Cangas.
Quedamos nas gradas do Nadador (ao lado do Centro Comercial A Laxe) para coller o barco a Moaña ás 12:00h. e voltaremos ao mesmo punto sobre ás 19:00h.
Un Camiño que foi recuperado o ano pasado 2021, que enlaza as poboacións de Moaña con Cangas, cun percorrido de 5,3 quilómetros. Apreciamos moito este tipo de iniciativas de recuperación de antiguos camiños e imos a darnos un paseo para gozar deste recorrido.
Para máis información, ou para anotarte, ponte en contacto connosco, estaremos encantad@s de atendervos etlxaruma@gmail.com 698142158
ANDAINA POR OURENSE
O vindeiro sábado 3 de decembro, pasaremos o día por Ourense iremos en autobús.
Quedamos na entrada da estación de autobús ás 08:30 horas da mañá e regresaremos sobre ás 18:30 horas da tarde ao mesmo punto. A aportación é 17 euros
Para máis información, ou para anotarte, ponte en contacto connosco, estaremos encantad@s de atendervos etlxaruma@gmail.com 698142158