Sendeiro local: Senda costeira de Vigo
O 11 de decembro organizamos unha saída pola parte costeira de Vigo, dende a igrexa de Bouzas, recorrendo a zona de plaias, Alcabre, Samil, e seguindo a senda lo Lagares ata Balaidos.
“Conectando coa natureza” Descubrindo a Senda da Auga
Ola a tod@s! Marcade no voso calendario o próximo domingo 21, porque tendes unha cita cos alumn@s da Escola de Tempo Libre Xaruma;)
Algunhas das nosas futuras monis organizaron unha ruta medioambiental pola Senda da auga co fin de coñecer a fauna e flora autóctona, coñecer a historia da ruta, concienciar sobre a reciclaxe… Todo esto acompañado de numerosas actividades e xogos para facer amenos todos estes coñecementos!
Se queres pasar un día de domingo diferente, xa sabes! Agardámoste este domingo as 10:00 horas, no Pabellón de Chapela (lugar donde comenzaremos a ruta)
Para máis información, ou para anotarte, ponte en contacto connosco, estaremos encantad@s de atendervos etlxaruma@gmail.com 698142158
Sendeiro local: Senda costeira de Cangas
Este sábado 13 de novembro, faremos unha saída pola costa de Cangas.
Quedamos nas gradas do Nadador (ao lado do Centro Comercial A Laxe) para coller o barco a Cangas ás 11:15h e voltaremos ao mesmo punto sobre ás 19:00h.
Pequena andaina polas fermosas praias de Cangas onde poderemos desfrutar das marabillosas vistas e das cores da natureza neste outono soleado.
Sendeiro local: Matamá – Comesaña
O vindeiro sábado 24 de xullo realizaremos a ruta polo Sendeiro Local de Matamá-Comesaña.
Sairemos de Vigo ás 11:00h da mañá en autobús e voltaremos sobre ás 19:00h.
Durante a camiñata, disfrutaremos das fermosas paisaxes, xantaremos nunha contorna espectacular e faremos algunha paradiña para contemplar os monumentos naturais e culturais que atopemos ao longo da nosa ruta.