O vindeiro sábado 12 de abril, faremos unha andaina pola Senda do río Lagares dende o Mercado de Cabral, para descubrir a flora, fauna e paisaxes da zona.
Quedamos na parada do vitrasa en Travesía de Vigo nº8 (cruce dos Choróns) ás 11:00 horas da mañá e regresaremos sobre ás 18:00 horas da tarde ao mesmo punto.
Non esquezades traer:
- Comida e auga
- Roupa e calzado cómodo
- Gorra ou sombreiro
- Medicación
- Diñeiro para a viaxe
- Tarxeta Pass
ANIMÁDEVOS!!