O mércores 10 de setembro organizamos unha andaina polas Illas Cíes. Un roteiro dende a Illa do Norte ata a Illa do Medio, pasando polo dique e gozando da Lagoa dos nenos.

Quedamos ás 10:30h. na Estación Marítima do Naútico e voltaremos ás 18:30h.

Non esquezades traer:

  • Comida e auga
  • Roupa e calzado cómodo
  • Gorra ou sombreiro
  • Protección solar
  • Medicación
  • Diñeiro
  • Toalla e bañador (se queredes refrescarvos)
  • Chubasqueiro
  • Tarxeta Pass