Chega o outono, comezamos un novo curso, e con el os novos propósitos de vida saudable, ir o ximnasio, baixar eses quiliños do verán…

Pero moitas veces os nosos propósitos non chegan a bó término por faltarnos algo mais de información para poder comer de xeito mais saudable.

Con este obradoiro, imos aprender como pasar do almorzo de café con leite con torradas ou biscoitos, a un almorzo super saudable, que faremos de xeito sinxelo, rápido e económico.

No obradoiro aprenderemos a facer varias receitas de almorzos dulces e salgados que nos deixarán moi bó sabor de boca e saciados ata a hora da comida.

Anímate a sair da rutina e dalle unha alegría o teu sistema dixestivo.

Data: 23 de novembro

Horario: 10 a 14:00 h.

Lugar: Vigo (barrio de Teis). Dispoñemos de aparcamento e parada de Vitrasa na entrada.

Aportación: 15€ persoas socias, 18€ persoas non socias. Asóciate!

Inscríbete enchendo o seguinte formulario e nun prazo de 4 días contestarémosche confirmándote a praza.