Ola Xarumeirxs!!!

Este mes xa entramos no inverno e no período de Nadal así que vimos cuns días cargados de actividades para disfrutar destas datas.

Comezamos o luns día 1 co encontro da compañía de teatro Xanela co se farán actividades de expresión teatral.

O mércores 3 é o Día da Discapacidade e con motivo dese día acudiremos a Paraugada pola mañá coa proposta que estivemos traballando estas últimas semanas.

Este mes tamén temos unha nova que nos da magoa, despedímonos da nosa compañeira Celia e queremos invitarvos o mércores 3 pola tarde a un pequeno festexo que imos facer para que reciba o todo o noso cariño.

O días 6 e 8 son festivos e imos dedicalos a facer actividades de decoración de nadal.

O mércores 10 terá lugar un encontro con DOA en Cangas pola mañá.

Seguindo co espíritu navideño destas datas o venres 12 iremos a caseta de Xaruma do mercado de Nadal de Vigo.

O sábado 13 realizarase unha actividade artística e cultural.