Comeza un agosto ben cheo de actividades de ocio!

Durante os primeiros días visitaremos a Praia da Guía o venres 2, para poder refrescarnos un poquiño.

Ao día seguinte, o sábado 3, poderemos visitar no Centro Comercial Travesía a exposición de Fogares con Cor.

Nesta exposición, elaborada e levada a cabo pola Fundación Santa Cruz, puidemos aportar o noso grao de area dende Xaruma.

Comezamos a semana do 5 ao 10, onde ademáis de actividades, desfrutaremos ao mesmo tempo de Respiro de verán no piso.

O luns 5 de agosto desfrutaremos dunha xornada de Xogos de mesa.

E o mércores 7 realizaremos unha excursión a Tomiño, onde daremos unha volta pola ría en embarcacións adaptadas da man da Asociación Vontade.

O sábado 10 visitaremos o famoso Marisquiño, para desfrutar dos diferentes espectáculos deportivos da vila.

O luns 12 comezamos de novo co grupo de Mulleres e poñerémonos ao día coas novas do mes a través do Faladoiro de actualidade.

E para rematar a quenda, o xoves 15 de agosto daremos unha volta pola Romaría de San Roque.

Cal é a actividade que máis te apetece?

Bule e participa connosco!