Comezamos!

A vindeira semana do 17 de febreiro teremos as actividades habituais máis cun ar diferente, xa que nos acompañan novos traballadores.

O venres 21 faremos unha visita á exposición da EMAO https://hoxe.vigo.org/movemonos/educacion7.php?lang=gal

O sábado 22 volta o RESPIRATEIS https://xaruma.org/campo-de-voluntariado-respirateis/ , esperamos que vos animedes a participar.

O luns 24 volta tamén o teatro Xanela https://xaruma.org/grupo-de-teatro-xanela/ e pola tarde moveremos ben o corpo ca actividade de psicomotricidade que temos preparada.

Despois da gran acollida que tivo a Formación Morada nace un novo proxecto chamado “Mulleres en acción” https://xaruma.org/mulleres-en-accion/ que comezará o mércores 26.

O venres 28 marcharemos de excursión a Cortegada e por último o sábado 1 de marzo daremos comezo ao entroido dende Bouzas.