Bo día xarumeir@s!
Comezamos a semana o luns 16 xogando ao aire libre aproveitando o bo tempo que fai.
O martes 17 e o xoves 19 teremos natureza e saúde, seguimos traballando na horta!
O mércores 18 teremos o usual xantares, estimulación cognitiva e mulleres en acción https://xaruma.org/mulleres-en-accion/
O venres 20 faremos unha saída especial ao natural
O sábado 21 faremos unha actividade cultural co grupo de MTL
O luns 23 iremos ao parque a pasalo ben xogando xogos de mesa.
O martes 24 e xoves 26 teremos natureza e saúde.
O venres 27 iremos ata Castrelos a pasar unha tarde moi divertida e entretida xogando.
O sábado 28 faremos unha actividade especial no Castro no que precisaremos do voso inxenio e creatividade.
Remataremos o mes facendo unha actividade de psicomotricidade moi divertida e especial.