Velaquí a seguinte e última quenda de marzo; unha chea de actividades variadas para todos os públicos: faladoiros de actualidade, psicomotricidade, natureza, xantares, grupo de mulleres, coro, obradoiro creativo, estimulación cognitiva, piscina… A compañía Xanela, segue co proceso de creación e cos ensaios de Teatro os venres 20 e 27 (estamos a argallar unha boa!). A pesar de que nesta quenda hai dous festivos (o xoves 19 e o sábado 28), o ritmo non para e teremos actividade no mesmo horario de sempre.

Os días 20 e 21 haberá respiro no piso de Xaruma e estades a tempo de anotarvos.

Contamos con vós, esperámosvos!