Recén chegada a segunda quenda de actividades deste mes de abril.
O xoves 16, por unha banda, o grupo de mulleres terá un encontro co alumnado do IES de Chapela e, por outra banda, a actividade de Natureza e Saúde consistirá en avanzar co invernadoiro que estamos montando no Centro Sociocomunitario de Teis (Av. Buenos Aires, 14). O venres 24 voltamos cos ensaios da obra de teatro deste ano da compañía Xanela… isto marcha! (pronto haberá noticias da estrea).
Os días 24 e 25 haberá respiro e esa tarde do sábado 25 teremos sesión de piscina (lembrade traer bañador, chanclas e toalla). Como nova, o mércores 29 haberá unha actividade de iniciación a lingua de signos española.
Animádevos a participar!


















