Bos días queridas familias,
Esta quincena vén cargada de actividades ao aire libre como deporte lixeiro, natureza e saúde e Xincana da mente… É unha contorna marabillosa para favorecer o desenvolvemento cognitivo e físico das persoas usuarias.
Tamén hai novas incorporacións como o grupo de Mulleres con Xaruma. Un grupo que se crea co obxectivo de traballar as emocións, a escritura creativa e a preparación das actuacións musicais que van representar as nosas participantes e profesionais ao longo deste mes.
Animarvos a vir e gozar de tardes divertidas ao noso lado.