Bos días a todas e a todos, 

esperamos que esteades a ter un verán cheo de bos momentos.

Desde Xaruma buscamos que os nosos participantes gocen ao máximo desta época do ano a través de diversas actividades. Esta quincena de xullo ven cargada de actividades ao aire libre en diferentes espazos de Galicia: Cangas, Santiago de Compostela, Nigrán, etc.

Ademais os nosos/as participantes seguen traballando na actividade de teatro para representar a súa obra, a cal están a elaborar con moita ilusión e esforzo.

Tamén continuamos coa actividade de natureza e saúde. Nestes momentos as persoas participantes de Xaruma están en plena época de recollida de colleitas, o cal lles resulta moi gratificante.

Temos unha nova sesión de Falares de cine, onde a través da visión de diferentes documentais ou películas, foméntase a capacidade crítica, escoita activa e o diálogo horizontal.

Esperamos que esteades a gozar do verán