Bos e soleados días xarumeir@s!

Comezamos esta segunda quincena cunha actividade de natureza e saúde que nos achegara máis aos bosques, árbores e flores.

mércores 16 teremos o habitual xantares e tamén mulleres en acción, e como novidade semanal… faremos falares de cine.

venres 18 faremos un faladoiro de actualidade que tanto nos gusta, e o sábado 19 achegarémonos ao que será noso futuro barrio.

O luns 21 iremos a praia a refrescarnos un pouco e pasar un bo rato.

O mércores 23 faremos unha xuntanza moi especial, que se repetirá tamén o mércores 30.

venres 25  faremos psicomotricidade e relaxación.

sábado 26 iremos de visita a un lugar moi especial.

luns 28 voltaremos a praia e o martes 29 farase unha xuntanza chulísima.

Por último remataremos o mes de xullo cunha das nosas actividades favoritas, natureza e saúde.

Esta quincena espérannos actividades moi enriquecedoras e especiais espero que as disfrutedes tanto coma nós