Comezamos esta segunda quenda de xaneiro con actividades que xa coñecedes e con outras novas que esperamos que vos sorprendan.

Seguimos facendo os venres de autonomía esta vez o venres 17 sairemos dende a Igrexa de San Miguel de Bouzas https://www.turismodevigo.org/es/iglesia-de-san-miguel-de-bouzas e marcharemos cara o novo local.

O sábado 18 somerxerémonos ás profundidades co Nautilus e faremos unha visita guiada polo seu interior.

O luns 20 faremos unha actividade moi especial “esas cousas marabillosas” e despois da mesma realizarase un faladoiro interesantísimo.

O mércores 22 despois do habitual xantares e co estómago ben contento faremos un falares de cine no local.

O xoves 23 teremos unha actividade nova cun invitado sorpresa, creatividade musical.

A semana rematará con dúas actividades moi especiais o venres 24 iremos de excursión a Pobra do Brollón e o sábado 25 pola mañá farase no local de Xaruma o Respira Teis.

A última semana de xaneiro teremos:

O luns 27 xogos no piso.

As actividades habituais o resto da semana e remataremos o 31 facendo unha visita ao novo local dende o antigo.