Bos días familias, como estades?
a segunda quincena de setembro vén cargada de emoción para Xaruma estamos a terminar o verán e con iso os momentos ao sol e na praia coas persoas usuarias.
Aínda así, estamos contentas porque setembro é o novo xaneiro e por tanto o moemnto de xerar novos proxectos. Un deles é o clube da risa, unha actividade na que as persoas participantes van traballar a cohesión grupal, a autoestima e os autocuidados a través da risa.
Ademais as mozas de Xaruma seguen coa formación en coidados, curso que lles encanta e sobre todo dálles estratexias para coidarse e quererse de forma positiva e sobre todo a escoitar as súas necesidades.
Outras actividades coas que seguimos son taller artístico, informática, natureza e saúde e radio.
Por último queremos informarvos que nesta quincena non hai costura, porque se esta planificando un novo proxecto neste ámbito… o único que vos podemos adiantar é que se achega un taller téxtil no que se vai traballar con diferentes materiais e diferentes técnicas creativas.
Un abrazo moi forte.