Bos días familias, como vos atopades?

A segunda quenda de novembro ten moitas novidades; a partir de agora a quincena reflicte tamén a formación de Roteiros sociais, para facilitar unha mellor comprensión dos horarios. Ademais, xa non reflectimos o nome do grupo dos participantes.

No referente ás actividades desta quincena empezamos un novo proxecto, CreArte, que ten como obxectivo facilitar o desenvolvemento da creatividade, a flexibilidade cognitiva, etc.

Continuamos tamén coa actividade de natureza e saúde, na cal nesta tempada as persoas participantes, atópanse acondicionando o terreo para a tempada de inverno e facendo os primeiros cultivos: chícharos, tirabequees, coles, acelgas, etc.

Tamén se manteñen as actividades de radio, taller artístico, proxecto ser e estimulación cognitiva.

Por último comentarvos, que neste mes faremos unha visita a Santiago de Compostela o luns 29 de novembro, co obxectivo de tecer lazos e coñecer outras entidades.  

Un saúdo.

Tede unha boa semana