Aquí está a segunda quenda de novembro que pon fin ao mes. A pesar diso, podedes comprobar a variedade de actividades que temos preparadas para esta quenda.
Moita actividade en exterior, moitas de compartir na contorna, de estar en contacto coa natureza, de darlle ao coco, de relaxarnos, de aprender, de relacionarnos… A que esperades?
O día 17, o grupo de participantes que acoden á actividade de teatro social e comunitario, terá unha actividade en Multicines Norte co resto de compoñentes de Xanela (a compañía que formamos). O día 21 a actividade rematará algo máis tarde, dado que propoñemos acudir á proxección audiovisual no Marco: Matria.