Moi boas! Agardamos que esteades levando ben este novembro tan peculiar. Dende Xaruma seguimos traballando para que este sexa un espazo seguro para todas e todos e seguir cumprindo a importante labor de manternos activas e activos neste semiconfinamento.


Este mes temos novas incluidas na quenda como a incorporación dos distintos grupos de Iniciación a Informática e comezamos cós preparativos para Nadal. As nosas actividades continuan realizándose por grupos reducidos: Crisopas, Mantis, Sacarrancha e Bichocas.

O 16 de novembro reúnese o grupo de mulleres de 16 a 17.

O 16 non haberá costura. Volveremos coa actividade o 23 de novembro.

E recorda! Máscara, distancia física e a sorrir cos ollos!

Esperámosvos con ilusión! Unha aperta virtual de toda a equipa.