Novembro pasadiño por auga pero sen decaer o ritmo das actividades!
O día 23, faremos unha ruta de sendeirismo polo río Eifonso. O día 30, retomamos “Xantar no piso” con estupendas receitas saudables.
Chamade ou pasádevos pola asociación para anotarvos! Non o pensedes máis e aproveitade para pasar un bo rato.
Ademáis, do 25 ao 29 deste mes, regresa o mercadillo solidario De Boa Man! Máis información, nos vindeiros días.