Boas xarumeirxs!!!!
Ímonos achegando ao inverno e con el o tempo para facer actividades chulísimas en Xaruma.
Comezamos o luns 17 de novembro e con motivo do 25N estamos argallando algo que sairá pronto a luz.
O sábado 22 haberá unha actividade medioambiental e tamén faremos unha visita ao mercadiño de nadal de Vialia.
O xoves 27 farase unha actividade especial, xuntarémonos todas as mulleres de Xaruma para reivindicar, sensibilizar e dar voz creando un espazo seguro no que compartir polo 25N día mundial contra as violencias machistas.
O sábado 29 realizarase unha actividade deportiva.


















