Aquí ven, recentemente saída do forno, unha quenda cargadiña de oferta cultural!

Os venres en Obradoiro Artístico seguimos preparando a escultura para o Artelixo, onde presentaremos unha gran obra en tódolos sentidos.

Tamén comezamos o mes coa esperada Asamblea de Xaruma, o sábado 16, tras unha hora Xogos de mesa.

Da seguinte semana, destacan: O martes 19 o Faladoiro sobre As mulleres pechadas no psiquiátrico de Conxo, e o xoves 21 a Charla sobre etiquetado.

Ademais ese sábado faremos unha Visita comentada do Nanocosmos, onde observaremos o mundo a través dos microscopios.

Para rematar o mes, temos unha semana ben movida, se o clima o permite.

O luns 25 imos de Xincana interactiva, para poñer a proba os nosos coñecementos sobre a historia da cidade; e o martes 26 visitaremos o Xardín Botánico da Fundación Sales e todas as súas especies.

Nos festivos de Semana Santa, Xaruma sigue cas portas abertas!

O xoves 28 imos de visita a Cangas, e o venres 29 merendaremos vendo unha película no piso de Xaruma.

Para rematar, o sábado 30 realizaremos unha ruta guiada por Vigo, para coñecer algúns dos recunchos e curiosidades que aínda descoñecemos.

Estades preparadas e preparados? Tic, tac. Comeza a quenda!