Esta é a segunda quenda de actividades de marzo. Actividades no Local Xaruma pero actividades tamén fóra da entidade; temos un amplo e variado abano de posibilidades: psicomotricidade, novas tecnoloxías, radio, proxecto Ser, natureza, estimulación cognitiva, teatro, obradoiro artístico,… 

mércores 29 haberá actividade de “Xantares: da horta á cociña” de 12:00h ás 16:00h e actividade de Teatro” en horario de 16:30h ás 19:30h. O martes 28 é día festivo en Vigo (Día da Reconquista) pero mantemos a actividade de tarde. Lembrade que para as actividades dos sábados é necesario inscribirse previamente.

Esperámosvos!