Bos días familias,
Unha semana máis nos poñemos en contacto convosco para informarvos das actividades programadas para a seguinte quincena de febreiro.
Fainos ilusión comunicarvos que volvemos retomar Xantares: da horta á cociña. A través desta actividade os/as participantes adquiren hábitos de vida saudable e autonomía. Non dubidedes anotarvos na cortiza e vivir esta marabillosa experiencia.
A maiores volven as andainas, desde a escola de tempo libre Xaruma. É unha boa oportunidade para disfrutar de boa compañía e da natureza.
Por ultimo o día 31 a asociación vai traballar cos/as participantes o día internacional da visibilidade transxénero a tarvés dunha proxección audiovisual e un pequeno debate.
Ter unha boa semana.