Ola, ola xarumeir@s!

Comezamos a quincena o día 16, venres, precelebrando o día das letras galegas cunha foliada.

O sábado 17 de maio festivo, faremos unha visita ao Ecolectivo.

O luns 19 teremos teatro, estaremos preparando a obrahttps://xaruma.org/grupo-de-teatro-xanela/ e pola tarde faremos psicomotricidade.

O martes 20 teremos a actividade de natureza e saúde.

O mércores 21 teremos o habitual xantares pola tarde faremos buzoneo polo barrio das flores e despois estimulación cognitiva e mulleres en acción.

O xoves 22 haberá ensaio de teatro, natureza e saúde e mulleres en acción.

O venres 23 ultimaranse os detalles para obra e pola tarde iremos a unha exposición na EMAOhttps://hoxe.vigo.org/movemonos/educacion7.php?lang=cas.

O venres 24 faremos unha actividade especial polo Castro.

O luns 26 é a estrea da obra de teatro!!!!!!! e iremos a vela.

O martes 27 teremos a actividade de natureza e saúde.

O mércores 28 teremos xantares, estimulación cognitiva e mulleres en acción.

O xoves 29 teremos natureza e saúde e mulleres en acción.

O venres 30 faremos a FESTIÑA DAS FLORES.

E para rematar a semana disfrutaremos dunha actividade de K-Pop.