Esta é a segunda quenda do mes con moitas actividades novas.

O día 16, en Natureza e Saúde, elaboraremos xabóns. O día 17 é festivo pero en Xaruma haberá actividade igual; iremos de exposición polo centro e daremos un paseo. O 24 haberá un taller no Barrio das flores para preparar o parque e faremos algúns elementos decorativos para a Festiña das Flores (que será o día 26 a partir das 17:30h). A actividade de Xantares: da horta á cociña, serán os días 24 e 31 no piso. Lembrade que para a actividade do festivo, como para os Xantares, como para as actividades dos sábados, é necesario inscribirse previamente.

O xoves 25 ás 17:30h, haberá unha charla informativa da man de FEAFES para abordar temas de asesoramento e orientación xurídica, polo que as persoas que queiran participar, terán que anotarse previamente dado que hai un aforo limitado. Para a inscrición, pódense anotar chamando ou mandando un WhatsApp ao 698 142 158 ou enviando un correo electrónico a: infoxaruma@gmail.com

Esperámosvos!