Ola Xarumeirxs!! Xa está a piques de rematar o ano e traemos unha nova quenda cunhas actividades moi chulas para aproveitar estes últimos días de 2025.
Importante destacar que os martes e os xoves desta quenda a actividade de Natureza e Saúde realizarase no Espazo Xaruma (Torrecedeira 66) a menos que se avise do contrario.
O sábado 20 teremos un respiro de mañán e tarde, no que se fará actividade de xantar e despois continuarase coa actividade programada co horario habitual dos sábados, neste caso, unha exposición de fotogramas no MARCO. E o sábado 27 enchémonos do espírito do nadal e imos a Casa das Artes a ver o Belén xigante.
Como non podía ser doutro xeito, dende Xaruma queremos convidarvos a unhas pequenas celebracións que faremos en Torrecedeira o día 24 (Noiteboa) e o día 31 (Noitevella). Ambos días quedaremos as 11:00 da mañá e celebraremos as festas como sabemos facelo en Xaruma.
Por último, solo queda desexarvos a todxs unhas moi felices festas e bo comezo de ano. Vémonos no 2026 e grazas formar parte de Xaruma un ano máis!


















