Consulta as actividades de integración de xuño:
Xa chega o verán a Xaruma e comezamos coas saídas se o clima o permite, as actividades de integración serán as seguintes. Imos con xuño:
Para comezar a semana, o mércores 19 a actividade de Estimulación Cognitiva farase a través da visualización dunha película para entrenar a mente, sabes cal pode ser?
O xoves 20, celebrando a entrada do verán, realizaremos unha travesía en barco ata Cangas, onde desfrutaremos dun paseo pola vila.
E o sábado 22 viaxaremos ao pasado a través dunha visita ao Xacemento Arqueolóxico de Toralla.
E xa imos coa última semana de xuño:
Comezamos coñecendo o corpo que habitamos a través dunha sesión de Consciencia Corporal o luns 24 de xuño.
Tamén desfrutaremos duns talleres interxeracionais na Praza do Sol o mércores 26.
E para rematar, o sábado 29 poderemos visitar Bouzas e o seu paseo marítimo.
Que actividade é a que máis te apetece?
Vémonos en Xaruma!