“Nin verán ata San Xoán, nin inverno ata Nadal”

Aquí está a 2ª quenda deste xuño primaveral con tormentas e moito calor.

A actividade de cociña “Xantares: da horta á cociña“, tocará o día 22 en horario de 12:00h ás 16:00h; haberá que inscribirse previamente no taboleiro da entidade. Seguimos tamén con Estimulación Cognitiva, Xadrez, RadioNatureza, Lectura Colectiva, Expresión Teatral, Informática, Psicomotricidade, Obradoiro Artístico, … actividades para todos os gustos e de todos os tipos!

Aproveitaremos estes sábados, para facer actividade no exterior e cambiar un pouco de aires.

O día 24 é festivo peeeero, levaremos a cabo actividade no horario de sempre, de 17:00h ás 20:00h.

A que esperades?