Aquí están as actividades correspondentes á segunda quenda de xuño.

O martes 23 acompañaremos ás persoas que estean interesadas a facer a tarxeta de mobilidade de Galicia (a coñecida tarxeta metropolitana) á oficina da ABANCA.

A maiores das actividades, o xoves 18 haberá unha Xuntanza de Asociacións onde desfrutaremos dunha tarde de xogos, música, paseos e agradable compañía…sol e praia, que máis pódese pedir?

Lembramos que o luns 29 de xuño comezan os respiros de verán, polo que durante ese tempo, as actividades rematarán ás 19:30h.

Contamos con vós!