Xa estamos de cheo no verán, e con xullo parece que o sol por fin comeza a asomar.

Comezamos esta segunda quenda cunha Ruta Medioambiental o sábado 20, para fomentar o noso coñecemento dos espazos naturais da zona. Esta ruta é dinamizada polo alumnado do Curso de Monitores de Tempo Libre.

Tamén poderemos desfrutar cunha saída á Praia da Punta o luns 22, que xa vai apetecendo achegarse á costa.

E con outros eventos marítimos completamos a quenda:

O xoves 25 de xullo achegarémonos ao porto para dar un paseo pola zona.

Tamén visitaremos o Iacobus Maris o sábado 27, este día tamén se realizará unha andaina dende a Escola de Tempo Libre de Xaruma. Estade atentos e atentas, pois publicaremos a información no taboleiro.

Durante o resto das actividades semanais, destaca a actividade de psicomotricidade dos luns, xa que este mes achegarémonos ao Tai-chi e ao tiro con arco. Sempre con precaución!

Para rematar o mes de cullo, realizaremos un aclamado Karaoke o mércores 31 de xullo, celebrando o peche dalgúns ciclos e o comezo de outros.

Bule e acode ás actividades connosco!