“Dende maio a xullo, as cereixas son coma puños”
Nova quenda, novas actividades… botade unha ollada e animádevos a participar!
O sábado 16 haberá un mercadiño en A Morada (rúa Enrique Xabier Macías, 6) a partir das 12:00h, podedes pasarvos xa que pode estar interesante. O mércores 20 tocará a actividade de cociña “Xantares: da horta á cociña“ en horario de 12:00h ás 16:00h (previa inscrición no taboleiro da entidade). O luns 25 é festivo pero nós teremos actividade no horario de sempre, de 17:00h ás 20:00h.
Vémonos!