Agora si, comeza o outono mais en Xaruma seguimos seguimos facendo actividades fóra mentres o tempo o permita.
Comezamos a quenda gravando unha sesión de Radio ao aire libre e paseando pola Senda Verde o luns 16 de setembro.
O martes 17 de setembro xa temos a Xuntanza de Voluntariado.
Aínda non es voluntario? Participa connosco!
Nesta sesión, desfrutaremos da tarde en compaña realizando accións formativas e de participación.
O xoves 18 comeza o curso de Coidados e masculinidades.
Estades listos para revisar as vosas conductas?
O docente José Expósito nos acompañará con estas sesións durante setembro e outubro.
O venres 20 visitamos o Retrofest, onde poderemos acudir a un mercadillo de vinilos e CD’s para rememorar tempos mozos.
E ti, que vinilo volverías escoitar?
Para rematar a semana, o sábado 21 observaremos diferentes árbores senlleiras de Castrelos.
Desfrutaremos de diferentes Xogos de mesa o luns 23 no Barrio das Flores.
E de cara a final de mes, ide preparando o terreo… pois terá lugar a Festa de despedida da horta o venres 27, mais non gardedes os guantes, as actividades de Natureza e Saúde todavía siguen!
O sábado 28 voltamos á tranquilidade cun paseo polo porto e unha visita ao museo MARCO.
E para rematar o mes, acudiremos á Riouxa para xogar de novo á petanca.
Qué actividade te apetece máis?
Vémonos en Xaruma!