En Xaruma, vivimos o presente e desfrutamos do día a día, das pequenas cousas que nos da a vida. Por esta razón, debemos ser conscientes do aquí e do agora e que mellor maneira de facelo que con Mindfulness, os venres! Comeza este venres día 20 de 17:00h a 20:00h. Retomamos tamén co “Xantar no piso” e con piscina o mesmo día, o sábado día 21. Ademáis, teremos diversas actividades coma radio, estimulación cognitiva, natureza… E contaremos cunha charla impartida pola psicóloga experta en xénero Mar Iglesias: “Camiño ó bo trato“.

Non podedes faltar!