Xa temos a quenda de outubro e con ela un montón de actividades para desfrutar o outono en Xaruma!
Comezamos coa actividade de Falares de cine o mércores 16.
Durante este mes, seguimos coas xornadas de Coidados e masculinidades que terán lugar os xoves 17 e 24 de outubro.
Ademáis, estrenamos o Grupo de mulleres os venres 18 e 25 cunha nova profesional especialmente formada en xénero.
Tamén se levará a cabo unha formación Morada a partir deste mes que está aberta a mulleres cun diagnóstico en sáude mental que non participen en Xaruma.
O sábado 19 visitaremos a Feira de cerámica no mercado de Teis.
Tamén se realizará a Ruta do Río Eifonso nesta xornada si o tempo o permite.
O luns 21 desfrutaremos dunha Xincana fotográfica por Teis así como de Xogos de mesa no piso de Xaruma.
E o venres 25 visitaremos o Nautilus, así como a Exposición “Cartelería histórica” que terá lugar no C. C. A Laxe.
Este ano, voltamos á Feira Vegana no IFEVI o sábado 26. Recorda apuntarte no taboleiro!
E para rematar o mes do Samaín, o luns 28 tallaremos cabazas para iluminar o camiño aos nosos espíritos.
Vémonos en Xaruma!