Lanzamos a segunda quenda do mes de outubro con novas actividades.
O venres 15 acudiremos á obra de teatro que organiza Doa en Moaña, polo que o punto de quedada será no Centro Comercial A Laxe para coller o barco.
Nesta tanda, teremos un respiro moi especial xunto coa Asociación Itínera, na Escola Antiga de Portela, en Santiago de Compostela, onde pasaremos unha fin de semana diferente rodeados de natureza e boa compañía. Será a fin de semana do sábado 24 e domingo 25.
Retómase tamén nesta quenda a actividade de piscina de Lavadores, o sábado 17. Contamos con ir a piscina unha vez ao mes!
Polo demais, continuamos coas actividades habituais comezadas no mes de outubro, Coidados e Masculinidades os luns, Teatro coa compañia Xanela cada 15 días sendo a seguinte sesión o luns 26.
A que esperades? Contamos con vós!


















