Traemos a segunda quenda de novembro que acaba de saír do forno!
Comezamos cunha visita ao Museo do Videoxogo en Cangas o sábado 16, primeiro museo de España adicado á historia dos videoxogos.
O luns 18, os actores e actrices de Xaruma terán ensaio do grupo de teatro Xanela pola mañá.
Esa mesma tarde, visitaremos a exposición #AmigoDáteConta e a Bilbioteca Juan Compañel.
O mércores 20 de novembro seguiremos gravando episodios para Radio Maruxa.
Seguimos a semana ao ritmo da música de Catuxa Salom e Sila Lúa, ás que iremos ver actuar o xoves 21.
O venres 22 voltaremos a A Laxe para ver o seguinte espectáculo de maxia do mes. Ademais realizaremos unha xincana sobre xestión económica no Centro Comercial.
Ademais, seguimos co Grupo de mulleres os venres 22 e venres 29.
Estiraremos un pouquiño as pernas realizando un percorrido por diferentes murais da cidade de Vigo o sábado 23.
Coñeces o mural que aparece na imaxe desta quenda? Onde se atopa?
0 25 de novembro, faremos unha actividade especial polo Día en contra da Violencia de Xénero.
Para dar a benvida ao Nadal, o xoves 28 visitaremos a Feira de Nadal.
O día 27 retomamos o Ciclo de Experiencias Sociais. Nesta ocasión, Provivienda se achegará a falar connosco da labor que levan a cabo en Vigo.
O venres 29 voltaremos a xogar á Petanca na Riouxa, si o tempo o permite.
E para rematar, realizaremos unha visita a Naturnova o sábado 30 de novembro.
Cantas ganas tes de ir comezando as actividades navideñas?
Vémonos en Xaruma!