A 2ª quenda de marzo xa está aquí!!

Temos as actividades diarias para ter unha rutina entretida e variada pero, a maiores, traemos algunha que outra nova que non podedes deixar escapar…

A actividade de cociña “Xantares: da horta á cociña” tocará nesta quenda o día 23 en horario de 12:00h a 16:00h; lembrade inscribirvos dado que hai aforo de participación. 

O vindeiro día 18, en horario de 17:00h ás 20:00h, o “Mago Cali” levará a cabo un obradoiro de maxia, onde aprenderemos unha morea de trucos e pasaremos unha tarde diferente. O día 28 é festivo en Vigo (día da Reconquista) pero Xaruma terá actividade coma sempre de 17:00h ás 20:00h.

Animádevos!