“Miña terra, miña terra, Terra donde me eu criei, Hortiña que quero tanto, Figueriñas que prantei” 17 de maio Dia das Letras Galegas

A actividade de cociña “Xantares: da horta á cociña“, tocará o día 18 en horario de 12:00h ás 16:00h; lembrade inscribirvos dado que seguimos con aforo de participación

A actividade de Radio serán os xoves 19 e 26 en horario de 17:00h ás 19:00h, para aquelas persoas que están inscritas nesta actividade.

Este mes, tamén teremos un obradoiro chulísimo de Escrita Creativa. Nesta quenda será o día 18 de 17:00h ás 20:00h.

Os sábados haberá actividades organizadas polo alumnado do curso de Monitora de Tempo Libre e o sábado dia 21 Camiño de Santiago ( ver no taboleiro)

Radio, Natureza e Saúde, Informática, Psicomotricidade, Teatro Social, Obradoiro Artístico, Estimulación Cognitiva, Guitarra…mirade cantas actividades traemos esta quenda!

O venres 27 será a FESTIÑA DAS FLORES vos animamos a todas as persoas a participar, a partir das 17:30 no Barrio da Flores de Teis