E seguimos con maio.

Velaquí a segunda quenda cunha chea de actividades variadas. Ademais das actividades que nos acompañan mes a mes, nesta quenda temos novas: o sábado 16 acudiremos a ver os Títeres de Redondela, o luns 25 será a estrea de “Despois da espera“, a obra de teatro da compañía de Xanela e o venres 22 a esperada Festiña das Flores.


Tamén contarvos que os días 22 e 23 haberá Respiro no piso e tarde de piscina (ese sábado 23).

Esperámosvos!