“O Entroido, coas súas artes, botou a san Matías fóra do martes”
Aquí esta a batería de actividades que temos para a segunda quenda de febreiro. Variada, variada!
O Entroido xa está aquí e, como boas festeiras, apuntámonos o luns 16 a unha festa con concurso de sobremesa incluído no Centro Sociocomunitario de Teis .
O mércores 18 levaremos a cabo un faladoiro de igualdade seguido das Cortes de Xaruma, espazo seguro que temos para avaliar as actividades e facer propostas novas de ocio.
Os días 20 e 21 retomamos o Respiro no noso piso favorito e, nesa tarde de sábado, a actividade será uns largos na Piscina Municipal de Lavadores; polo que vide ben equipadas co bañador e a toalla ao facer a maleta/mochila.
O luns 23 teremos unha charla formativa sobre saúde moi interesante e necesaria seguido da actividade de ioga que, como é habitual, temos que traer roupa cómoda. Día ademais, no que retomamos Mulleres en acción.
A compañía Xanela, seguirá creando e ensaiando en Teatro o venres 27. Se es novo/a por aquí ou coñeces e queres vir probar, aínda estás a tempo!
Nestes días, continuaremos co noso Campo de Voluntariado Respirateis, no que estamos a montar o invernadoiro. Serán os días 25 e 28, dúas xornadas diferentes e con moi bo ambiente.
A que esperades? Vémonos en Xaruma!


















