Continuamos co segundo mes do ano; continuamos con febreiro e seguen as actividades de Teatro Social, Psicomotricidade e Informática, Proxecto Ser, Estimulación Cognitiva, Natureza e Saúde e os Obradoiros Artísticos.

Nesta quenda, a actividade de “Xantares: da horta á cociña”, será o día 23 en horario de 12:00h ás 16:00h; lembrade que é unha actividade baixo previa inscrición e que podedes anotarvos no taboleiro de Xaruma.  

Comentarvos tamén que a ETL Xaruma retoma os Falares de Cine e as esperadas Andainas!! Neste mes serán os días 25 e 26.

A que esperades?!