Novas, novas! Xa temos a segunda quenda de agosto.

Comezamos achegándonos á praia de Samil o venres 16, para poder refrescarnos do calor.

O sábado 17 iremos ás Fortalezas do Castro, para coñecer os túneles das mesmas nunha visita guiada.

Na semana seguinte, o venres 23, voltamos co Ciclo de Experiencias Sociais.

Nesta ocasión, acompáñannos as compañeiras de Rede de Mulleres para coñecer de preto a súa gran labor en Vigo.

O sábado 24, voltamos á praia para refrescarnos, mais nesta ocasión achegarémonos á praia de Teis.

De cara ao final de agosto, daremos un paseo pola zona o luns 26 e poderemos poñer en valor as nosas vivencias do mes nas Cortes de Xaruma, que terán lugar o mércores 28.

Para rematar o mes, despedímonos de agosto voltando á praia de Teis o venres 30 e realizando unha Xincana interactiva por Vigo o sábado 31.

Apúntaste? Vémonos en Xaruma!