Boas xarumeir@s!
Como ben di o refrán, abril augas mil pero este tempo non nos parará , seguiremos facendo actividades cun bo sorriso.
Comezamos o mércores 15 cas actividades de xantares e estimulación cognitiva. O grupo de mulleres fará unha excursión especial.
O xoves 17 que é festivo, faremos unha sesión de cine no piso acompañado dunhas deliciosas pipocas.
O venres 18 iremos de visita á exposición “Paisaxe interior”
O sábado 19 adentrarémonos no mundo das árbores a través dunha exposición conmovedora.
A semana do 21 faremos as actividades as que estamos acostumadas/os con excepción do venres 25 que haberá Teatro Xanela https://xaruma.org/grupo-de-teatro-xanela/ pola mañá e pola tarde iremos ao Festival Creativa.https://vigoplan.com/eventos/festival-creativa-2025/
O sábado 26 iremos a exposición Minervigo 2025https://www.paxinasgalegas.es/fiestas/feria-de-minerales-fosiles-y-gemas-minervigo-44703.html
O luns 28 faremos psicomotricidade, o martes 29 faremos natureza e saúde e obradoiro creativo e o mércores 30 xantares, estimulación e mulleres.


















