Xa comezou marzo, o mes da muller!

Este é o mes onde máis presente está a loita pola igualdade de xénero. Mais debe servirnos de exemplo para o resto do ano.

Comezamos o luns día 3 de marzo cun torneo de xogos no piso.

Para celebrar un pouco o entroido facemos o martes 4 unha merendola con xogos.

O mércores 5 volta o coro de xaruma e tamén teremos mulleres en acción https://xaruma.org/mulleres-en-accion/ a parte das actividades habituais como xantares e estimulación cognitiva.

O xoves 6 faremos unha xuntanza de mulleres no piso.

O venres 7 visitaremos a casa das artes e deleitarémonos cas obras que este museo nos ofrece.

O sábado 8 día da muller, faremos diferentes actividades polo centro de Vigo relacionadas co día.

A seguinte semana comezará co grupo de teatro o luns 10 e continuarase o resto de días cas actividades que acostumamos a facer; natureza, xantares, estimulación e mulleres en acción.

O venres 14 acudiremos a A Morada https://www.amoradacooperativa.com/ a unha xornada sobre mulleres na ciencia.

Por último o sábado 15 visitaremos a Pinacoteca de Francisco Fernández do Riego.