Comeza setembro, o mes oficial das rutinas e con el traemos a primeira quenda de actividades.
A maiores das actividades habituais, o venres 4 visitaremos o Museo do Marco e o sábado 12 haberá unha excursión a elixir; Santa María de Oia ou facer unha etapa do Camiño de Santiago (ambas propostas teñen toda a información nas circulares que podedes recoller na entrada do local).
O martes 15 e, desfrutando da boa climatoloxía, faremos unha excursión ao Parque Nacional e visitaremos as Illas Cìes (inscricións antes do 3 de setembro).
Contamos con vós!


















