Novo mes, nova quenda!
O venres 1 é festivo pero teremos actividade.
Neste mes e, debido a que é a recta final da esperada estrea de Teatro da compañía Xanela, teremos ensaio todos os luns de 10:30h ás 12:10h e os venres 8 e 22 en horario habitual (12:30h ás 14:10h) no Mutiusos de Chapela.
Retomamos os Entre Nós e comezamos cunha sesión de aprendizaxe da técnica RCP.
O xoves 14 de maio retomamos o contacto coa asociación DOA Cangas, facéndolles unha visita pola súa zona. Tedes toda a información no taboleiro de Xaruma.
Lembramos que nas actividades de exterior traer roupa cómoda, crema solar e auga.
Animádevos a participar!


















