Ola familias,
Esperamos que empecedes o mes de xuño con moitas ganas. Dende Xaruma achegámosvos diferentes actividades para facer o mes máis divertido e levadío.
Os martes e os xoves continuamos coa actividade de natureza e saúde, a cal coa chegada do bo tempo permite ós/as participantes gozar de todas as oportunidades da horta.
Seguimos con estampaxe orientada a traballar o land art, técnica que posibilita experimentar a arte a través da natureza.
Ademais tamén continúan as actividade de teatro, vida autónoma, falares de cine e estimulación cognitiva.
Un saúdo moi forte.