Ola queridas familias,
para empezar o mes de xullo, expomos actividades cargadas de movemento, diversión e autonomía.
Empezamos o mes con dúas saídas: a Cangas e Boiro. A través destas excursións preténdese dar a coñecer outras contornas de Galicia, tanto os seus recursos como a súa cultura.
A maiores, en xullo empeza o camiño de Santiago, unha experiencia moi enriquecedora, que ofrece momentos únicos e inesquecibles. Realizarase o sábado 10 e 31.
Por último lembrar que continúan as actividades de: costura, radio, natureza e saúde, estimulación cognitiva, etc.
Non dubidedes en chamar se tedes algunha dúbida.