“En xullo arder, as patacas a recoller”

Aquí está a primeira quenda de xullo con moitas actividades nas que participar. Nesta quenda, por mor de que haberá convivencia no piso, as actividades rematarán ás 19:30h e ofertaremos a actividade de “Xantares: da horta á cociña” de luns a venres (inscricións previa 2-3 días antes). Tamén é necesario inscribirse nas actividades de sábado.

Comentarvos que do 1 ao 15 de xullo no Multiusos Mercado Sabarís, haberá unha exposición benéfica de pinturas fermosísimas de Marta Cabaleiro.

Esperámosvos en todas elas!